Aviso legal

I- Propiedade intelectual

Este sitio web funciona sobre o software de WordPress, baixo licenza GPLv2 ou posterior.

Os dereitos de propiedade intelectual deste sitio web e dos seus elementos contidos son titularidade do C.E.I.P. Nicolás del Río, centro público de ensino localizado en Cedeira (A Coruña), dependente da Consellería de Educación da Xunta de Galicia, por tanto, da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

A información dispoñible neste sitio web, salvo indicación expresa en contrario, é susceptible de reutilización, quedando autorizada a súa reprodución total ou parcial, modificación, distribución e comunicación, nos termos da licenza Creative Commons Recoñecemento-Non comercial 4.0 Internacional e nos casos permitidos nos artigos 31 a 34 da Lei de Propiedade Intelectual (Real Decreto Lexislativo 1/1996, de 12 de abril) con suxeición ás seguintes condicións:

  • Queda prohibida en calquera circunstancia a desnaturalización do contido da información.
  • O usuario queda obrigado a citar a fonte dos documentos obxecto da reutilización.
  • Esta licenza non reduce ou restrinxe os dereitos exclusivos do titular dos dereitos de propiedade intelectual, tales como o deseño do sitio web e códigos fonte, marcas, nomes comerciais, logos ou signos distintivos, de acordo coa Lei de propiedade intelectual ou calquera outras leis aplicables.

Queda prohibido o uso de marcos (frames) ou outros mecanismos destinados a ocultar a orixe ou fonte dos contidos, calquer uso, transformación ou explotación dos mesmos con finalidades comerciais, promocionais ou contrarias á lei, moral ou orde pública, que poidera lesionar os intereses ou perxudicar a imaxe do titular ou de terceiros lexítimos, que constitúan competencia desleal ou, en xeral, en contra do disposto neste documento.

II- Protección de Datos de Carácter Personal

As persoas usuarias deste sitio teñen á súa disposición toda a información relativa ao tratamento dos datos persoais levado a cabo pola Xunta de Galicia, incluíndo o modo no que poden exercitar os dereitos, o contacto cos delegados e as delegadas de protección de datos e demais aspectos segundo os termos esixidos polo Regulamento europeo de protección de datos persoais, na seguinte ligazón: información sobre protección de datos persoais.

III- Uso de cookies

Coa súa navegación, vostede presta o consentimento para recibir as cookies que utiliza o sitio web, que en ningún caso se empregan para recoller información de carácter persoal.

Este Portal utiliza cookies propias de tipo técnico. Unha cookie é un pequeno arquivo de texto que un sitio web pode descargar nun equipo para almacenalo no seu navegador e, desta forma, obter e recuperar información sobre os hábitos de navegación da persoa usuaria ou do equipo en cuestión. Existen 2 tipos de cookies:

  • De sesión: créanse de forma temporal e, unha vez que se abandona o sitio web son eliminadas.
  • Permanentes: permanecen no navegador (durante o tempo que se establecese como período de duración do arquivo) e actívanse de novo cando se visita o sitio web que creou esa cookie. 

A finalidade do uso das cookies que emprega este Portal é a de mellorar os servizos que ofrece mediante a análise dos hábitos de navegación de forma anonimizada. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais.

Coa súa navegación vostede fai uso das cookies que utiliza este sitio:

  • Propias: que son enviadas aos seu equipo e xestionadas exclusivamente pola Xunta de Galicia, que só obtén e conserva a información relativa aos datos de sesión e idioma. Estas cookies son necesarias para o correcto funcionamento e visualización do sitio por parte das persoas usuarias.

IV- Limitación de Responsabilidade

Os contidos deste sitio web ofrécense cunha finalidade informativa e divulgativa.

As ligazóns (hipervínculos) ou contidos de terceiros que aparecen neste sitio web, entre eles os comentarios ao blog, facilítanse coa finalidade de ampliar a información ou indicar outro punto de vista. A súa inclusión non implica a aceptación dos seus contidos, nin a asociación do titular cos responsables dos mesmos, polo que rexeita toda responsabilidade en relación cos mesmos, así como polos danos que poideran causarse por calquer motivo no seu sistema informático (equipo e aplicativos), documentos ou ficheiros. O titular só poderá ser responsable por estes contidos conforme ao establecido na Lei 34/2002, de 11 de xullo, de Servicios de la Sociedad de la Información y de Comercio Electrónico, en caso de que, tendo previo coñecemento efectivo da súa ilicitude ou de que lesiona os bens ou intereses dun terceiro, non elimine ou bloquee os correspondentes contidos.

O titular non garantiza a fiabilidade, disponibilidade o continuidade deste sitio web nin dos seus contidos por motivos técnicos, de seguranza, control ou mantemento do servizo, por fallos debidos ao servidor que hospeda os contidos ou doutros intermediarios ou proveedores, por ataques contra o sistema informático, nin por calquera outros motivos que se deriven de causas que escapen ao seu control, polo que rechaza calquera responsabilidade, directa ou indirecta, polos mesmos.

V- Modificacións e actualizacións

O titular resérvase a facultade de efectuar, en calquer momento e sen necesidade de previo aviso, modificacións e actualizacións da información contida na web, da configuración, dispoñibilidade e presentación desta.

Última versión: 8 de xullo de 2020.